A andaina humana, literaria e política de Xosé Neira Vilas, un dos grandes escritores da literatura galega e autor de Memorias dun neno labrego (1961), o libro en galego máis editado e traducido a outras línguas xa se pode coñecer a través do documental X.N.V. Memorias dun emigrante, dirixido polo cineasta Pablo Iglesias.
Neste documental biográfico o escritor de Vila de Cruces fala da súa volta a Galicia despois dunha longa temporada de emigración na Arxentina e Cuba, relatando a súa traxectoria de escritor e de traballador incansable pola cultura galega. A película está dividida en cinco partes que se corresponden coas súas obras máis significativas: Dende lonxe (1960), Memorias dun neno labrego (1961), Historia de emigrantes (1968), Remuíño de sombras (1973) e Querido Tomás (1980).
A noticia enteira, publicada pola Voz de Galicia, pódese ler en:
http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2009/03/17/00031237330263148163881.htm
Moi boas!
Hai escasos minutos que tiven que facer unha busca en internet sobre Neira Vilas e atopeime coa sorpresa de ver o teu blog. Toda unha ledicia é atoparte por estes lares, Balta.
Por se che serve de apoio engado o enderezo dun traballiño que fixen en memoria desas pequenas grandes xoias que nos facían ler de canda pequenos na escola da feira ou no ghrupo, en concreto á obra de Neira Vilas.
http://www.flickr.com/photos/almaciga/3438620643/
No web tamén poderás botarlle unha ollada a diversos recunchos de Cuntis e a súa contorna (e algúns outros, un tanto, distantes)
Apertas,
Martiño
Ola, Martiño,
que ben que me atopaches! Eu o outro día descubrín o blogue de Marcos Seixo, que tampouco sabía que tiña un.
Xa vexo que os cunteños andamos ben nestas cousas. Hai que darse a coñecer.
Grazas pola suxerencia e a seguir traballando.
Unha aperta desde a Cidade Maravilhosa.
O blog de Marcos xa leva funcionando dende hai un tempo para aquí.
Se che interesa ver máis cousiñas (pequenas grandes xoias) de xente cunteña, hai uns meses achei este blog persoal dunha rapaza de Arcos de Furcos.
http://www.ducio.blogspot.com/
Como has poder ver non ten desperdicio, mestura impresións e reflexións súas, andainas polas terras dos erbelleiros (Arcos) e algúns textos de carácter literario feitos por ela. Tenche unha entrada elexíaca co gallo do falecemento de Patelas.
Nestoutro enderezo tamén che hai algunha cousiña xeitosa de Fontecova e contorna:
http://sentadinhonunmandil.blogspot.com/
Sei que hai alghún máis, mesmo creo que Albiña tamén ten o seu (aínda non cho descubrín) Mais xa che irei informando.
Apertiñas dende Compostela.
Martiño
moitas grazas, Martiño. Voulle dar unha ollada a eses blogues que me mandas. Unha aperta.
Saúdos desde Galicia!
Saludos desde Cuntis de un santista de S. Paulo, que hace un milenio que no visita su tierra.
Maravilhoso encontrar a voçê por estes caminhos dos fíos da internet, lembranças pra todos desde a Espanha.