Hoxe comezou a emitir a V Televisión: unha nova canle galega de capital privado. Na páxina deles na internet podemos ler o seguinte:
“La tele que viene
Nace V Televisión, la nueva cadena de Galicia. Doscientas personas harán que cada día, a partir de esta noche, llegue a los hogares gallegos una nueva forma de hacer televisión. La actualidad informativa y meteorológica, cada 60 minutos. Las mejores series extranjeras y una apuesta clara por la producción gallega ( o negrito é meu) serán las piedras angulares del canal”.
Hai un vídeo tamén en español no que se nos presenta esta nova canle.
O que non conseguín saber aínda é canta programación vai ser en galego. Buscando na “parrilla de programación”, vin que hai algúns nomes de programas en galego:
Xente Emerxente: Xente Emerxente
Concellos De Galicia: Concellos De Galicia
Galego Con Curso: Galego Con Curso
Ata A Cociña: Ata A Cociña
Corre Carmela Que Chove: Corre Carmela Que Chove
Para Mariñeiros Píldoras
Vaia Choio: Vaia Choio
Se queres saber de que vai cada programa entra na páxina da V Televisión, na sección Programas. A información que nos dan sobre cada un destes programas está en español, pero non sei. Bon, claro, eu consultei a páxina en español. Pero a páxina en galego non a consulto porque tería que facer outro texto voltando a criticar o que sempre falo da Voz e agora da V Televisión sobre o pésimo uso que fan da nosa lingua.
Bon, esperemos que esta nova canle teña moita programación en galego, xa que polo visto non vai ser toda, como debería ser.
Olá, carioca! Parabéns polas últimas entradas e as variadas actividades de extensión e… escribinche ao enderezo de lector, pero devólveme o e-mail. Tes outro onde che poida pór as letras? Unha aperta!
Boh! Falsa alarma… trocara un “c” por un “i”. Valeu!