Este ano celébrase en Pontevedra o ‘Ano Pintos’. Esta celebración consiste nun programa de actividades que ten como obxectivo profundizar na vida e na obra” de Xoán Manuel Pintos. Pintos, é unha personaxe importante da cultura galega, xunto a outras como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Alexandre Bóveda ou Fray Martín Sarmiento, que tamén naceron ou viviron en Pontevedra.
O programa de actos do Ano Pintos organízao o concello de Pontevedra con motivo do bicentenario do nacemento do autor de ‘La Gaita Gallega’ (1853).
La Gaita Gallega mestura prosa e verso nun diálogo entre dúas personaxes. A figura principal é un gaiteiro que ensina un joven o que é Galicia e o seu idioma. Con ese pretexto Pintos establece o primeiro intento de fixar una escrita culta nunha lingua sen norma.
Algúns datos sobre Xoán Manuel Pintos (Fonte: http://www.galegos.info/gl/xoan-manuel-pintos-villar):
Currículum:
En 1825 iniciou estudios de Filosofía en Santiago. Entre 1829 e 1835 estudiou Dereito. Traballou como avogado na Coruña ata 1940, data en que se trasladou á súa cidade natal._En 1841 casou con Serafina Amado, coa que tivo catorce fillos. Entre 1844 e 1862 traballou como avogado en Pontevedra, onde desenvolveu unha gran actividade literaria e xornalística.
Obras realizadas:
Nos seus escritos amosou unha gran preocupación polo estudio e recuperación do idioma galego._A súa extensa actividade poética comeza en 1844 co romance A entrada do Sr Arsibispo cando vinha do seu desterro de Maón. En 1846 publicou o poema Contos da aldea no xornal El Circulador. En 1853 publicou A Gaita Gallega tocada polo Gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis. Ademais de estar escrito en galego, ten páxinas en latín e español. Está dividida en sete partes. Ademais destas composicións, escribiu vintedous poemas máis que foron publicados en distintos xornais como El País, El Heraldo Gallego, La Caridad, El Desengaño, etc. Escribiu ademais un Breve Diccionario Galego cunhas 6.000 entradas.